Brittany Haas & Yann Falquet
11-12 Maio 2013
Brittany Haas Brittany Haas é unha das mais prestixiosas fiddlers norteamericanas do momento. Dende os 14 anos ten feito xiras coas mais importantes artistas do eido folk de USA: Darol Anger, Bruce Molsky, Alasdair Fraser, etc. e na actualidade é fiddle do fantástico grupo de bluegrass Cooked Still. Además dunha virtuosa do fiddle, está considerada como unha grande docente e é reclamada nos mellores fiddle camp do mundo para impartir clases. Brittany toca o fiddle de 5 cordas e banjo.
Brittany Haas
O curso de Britany estará baseado na música bluegrass e na música Apalachian. Trala exitosa experiencia vivida con Lauren Rioux no pasado mes de Marzo, continuamos nesta ocasión con outra das mellores docentes dos fiddlecamp norteamericanos. Unha vez que tivemos acceso á técnica básica deste estilo de música, toca agora traballar sobre a improvisación en bluegrass, verdadeira especialidad de Brittany.

Xunto con Brittany virá Yann Falquet, que é un dos máis creativos e activos guitarristas do entorno Québécois. Ten desenvolvido o seu estilo persoal de guitarra folk. A sua implicación no panorama musical tradicional levouno a grabar numerosos discos, e agora é integrante de Genticorum, grupo do ano en Canada 2012. Será o responsable de impartir o curso de Guitarra Acústica.
INSCRIPCIÓN:
Prazas limitadas. Reserva de praza por orde de inscripción.

Nome:         
E-mail:        
Teléfono:   

Indica a continuación cantas prazas queres reservar para cada actividade:

Sábado 11: (adultos)
  Cursiño SÁBADO (Activo): 50€
  Cursiño SÁBADO (Ouvinte): 40€
  Concerto/Cea (asistentes ao curso): 10€
  Concerto/Cea (non asistentes ao curso): 20€
  Xantar e Servizo de cafés do Sábado: 10€

A que curso asistirás?:
 

Domingo 12: (cativos)
  Obradoiro do Domingo + Concerto/Merenda: 20€
  Acompañante Concerto/Merenda: 5€ (máximo 1)
  Concerto/Merenda (adultos): 10€
  Concerto/Merenda (cativos): 5€

Total:

Medio de pago:



HORARIOS: Sábado 11 de maio:
· 10:00 a 14:00 / 17:00 a 20:00 - Curso
· 21:30 en diante - Cea, concerto e foliada

Domingo 12 de maio:
· 17:30 a 19:00 - Obradoiro para cativos
· 19:00 a 20:30 - Concerto e merenda
INFO: Como chegar a Xustans: xustans.pdf