English Español

Galicia Fiddle

Profesorado

ALFONSO FRANCO

Alfonso Franco

Mestre de violín da e-Trad. Con máis de 17 anos de experiencia no ensino especializado do violín folk. Ten impartido workshops e talleres de violín galego en Canadá, Escocia, Bretaña, Barcelona etc... Por segundo ano consecutivo foi requerido por Alasdair Fraser para impartir clases de violín no seu prestixioso “SIERRA FIDDLE”, en California. É posuidor do grado Profesional de Violín e o Curso de Posgrao da USC en música tradicional. Posúe unha grande experiencia en organización de eventos, cursos, workshops, etc.. Asiduo colaborador do North Atlantic Fiddle Convention onde presentou varias ponencias sobre o violín tradicional galego. É patrono da fundación Sondeseu e responsable da sección de violín da súa Orquestra.

ANXO PINTOS

Anxo Pintos

Músico multiinstrumentista e compositor, comezou os seus estudos musicais aos 8 anos, dacabalo do Conservatorio Superior de Música de Vigo, do seu pai Suso Pereira e do Obradoiro de Instrumentos Populares Galegos que dirixía Antón Corral, chegando a tocar a gaita, zanfona, violín, saxo soprano e frauta de pico. Foi integrante dos grupos "Matto Congrio", “Berrogüetto” e foi fundador do trío “Lizgairo” con Rodrigo Romaní e Xosé Liz. Formou parte dos grupos de gaitas "Alfolíes", “Xarabal” e do Grupo Didáctico de Instrumentos Musicais Populares Galegos. Ten colaborado con músicos e grupos como Milladoiro, The Chieftains, Los Piratas, Rodrigo Romaní, Susana Seivane, Uxía, entre outros. Produtor artístico dos proxectos “Riobó” e “Rústica” con Cristina Pato, Davide Salvado e Roberto Comesaña, como compositor en 2018 publica a Suite “San Martiño” no álbum de SonDeSeu, Beiralúa, asinou a música do espectáculo de danza Entresoños, e varias pezas instrumentais para grupos de todas as partes do mundo. Precursor dunha técnica para a aprendizaxe e interpretación na zanfona do repertorio tradicional galego, na actualidade é padrón da Fundación SondeSeu, e compatibiliza o seu labor de mestre de zanfona da e-Trad (Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo) co de coordinador da sección de zanfonas de "SondeSeu".

BEGOÑA RIOBÓ

Bego Riobó

Profesora de harpa céltica na E-Trad, é licenciada en Historia do Arte pola USC. Estudiou violín clásico con Natalia Soltan, harpa céltica con Rodrigo Romaní e zanfona con Anxo Pintos, participando en numerosos cursos de violín folk con Alfonso Franco, Jacky Molard, Darol Anger, Alasdair Fraser... entre outros. No ano 2000 entrou a formar parte da banda do gaiteiro Carlos Núñez, nunha etapa que a leva a pisar escenarios e festivais ao longo dos cinco continentes e tocar xunto a primeiras figuras do panorama folk como The Chieftains, Dan Ar Braz, Solas ou Sharon Shannon. É membro da orquesta folk de Galicia SondeSeu e colaborou nas xiras de artistas como: Lizgairo, Anxo Lorenzo, Susana Seivane e Xosé Manuel Budiño entre outros. Liderou dende o 2010 ata a súa disolución no 2017 o grupo Riobó co que editou dous traballos discográficos: “Riobó” (Zouma 2010) e “Quiral” (Sul 2015). Imparte cursos volcados na ensinanza do violín no campo da música tradicional destacando a participación en “Crisol de Cuerda” Fiddle Camp dirixido por Alasdair Fraser y Natalie Haas.

FELIPE RODICIO

Felipe Rodicio

Musicólogo e licenciado en ADE. Combina a súa actividade artística coa docencia regrada. Actualmente está traballando na análise das escalas microtonais empregadas polos violinistas cegos no noroeste peninsular. Con formación clásica, é na e-Trad onde se aproxima á música tradicional. Como instrumentista forma parte de grupos como Ghaveta, "SondeSeu" e o dúo o Cego do Souto e Marta de Manueliño. Ten colaborado con grupos como Lagharteiras e Kerkennai entre outros. Coordina varias aulas de violín tradicional na contorna de Vigo e está nun constante proceso de aprendizaxe da mans de Mestres como Alfonso Franco, Alasdair Fraser, Oriol Saña…

TERESA SANTAMARÍA

Tere Santamaria

Diplomada en Maxisterio, mestra de canto tradicional e técnica vocal, animadora de tempo libre por FORCEM, con estudos na e-Trad de Vigo de Canto Tradicional, Percusión e Zanfona. Traballa profesionalmente coa súa voz dende o ano 1987, cando se incorpora como actriz de dobraxe nas primeiras películas e series da TVG, profesión que sigue exercendo na actualidade. Forma parte da Orquestra SonDeSeu dende súa fundación, coa que gravou catro discos. Membro fundadora da Orquestra Folk "SondeSeu" de Vigo e do grupo de música tradicional Tanxedoras, que vén de publicar o seu segundo disco (Pai Música). Ademais de cantar, toca instrumentos variados coma pandeireta, pandeira, culleres, tamboril, tarrañolas, pandeiro...

MARÍA JORGE BASTOS

María Jorge

Violinista de formación clásica, entra en contacto coa música tradicional a través deste curso de verán no que participou como alumna nas dúas primeiras edicións. Foi a súa experiencia no San Simón Fiddle o que a fixo interesarse polo mundo da música tradicional, comezando así os seus estudos de violín folk con Alfonso Franco na e-Trad de Vigo, onde rematou o grao avanzado en Xuño de 2018. Ten recibido cursos e masterclass de diversas artistas internacionais, tendo así un amplo abanico de influencias. Actualmente está a cursar o Grao Superior en Pedagoxía Xeral e da Linguaxe Musical no CSM de Vigo. Ademais, está a participar de maneira activa na escena folk formando parte de diversos proxectos como: OFG "SondeSeu", DADGA ou Caldo.

 

CLAUDIA ABRIL

Claudia Abril

Técnico Superior en Dietética. Dende fai dúas edicións encárgase das dietas especiais e do control de alerxenos. Forma parte da organización do San Simón Fiddle dende a súa creación, sendo a responsable do grupo de iniciación ao violín. Foi a súa experiencia neste campamento o que a fixo comezar os seus estudos de violín folk na e-Trad de Vigo, onde actualmente cursa canto e pandeireta. Compaxina estes estudos cos do "Grado en Música" da Universidad de la Rioja (UNIR). Participou en numerosos cursos e masterclass de artistas internacionais. Paralelamente os seus estudos participa na escena folk en DADGA.

 

HUGO FRANCO

Hugo Franco

Comeza os seus estudos de guitarra con Xosé  Liz na Escola de música Tradicional de Vigo E-TRAD (2012) onde se introduce á afinación  dadgad e comeza a súa formación no Folk e a música tradicional galega. Ese mesmo ano, asiste ao Sierra  Fiddle Camp (California) como alumno e entra en contacto coa música escocesa e irlandesa. Participou e colaborou con Alfonso Franco en varios proxectos por China, México, Costa Rica, tanto en  workshops como en concertos. Cofundador do grupo DADGA (2015) co que participou en NAFCO 2018 Aberdeen (Escocia) presentando o seu primeiro traballo discográfico. Colaborou en distintos cursos e  camps envorcados no ensino da música tradicional (Tropical Fiddle), pero tamén noutros grupos como Entre Trastes.

 

MARINA CARPENTE

Marina Carpente

Graduada en bioloxía e violinista de formación clásica. Comeza os seus estudos en Mayeusis, onde recibe o título profesional de música e continúa na e-Trad estudando violín folk co mestre Alfonso Franco. Integrante da Orquestra Folk "SondeSeu" e do cuarteto "DADGA", formacións coas que participou no Celtic Connections (Glasgow, 2019) e North Atlantic Fiddle Convention (Aberdeen, 2018). Asistiu ao Barcelona Fiddle Congress (2016, 2018) recibindo aulas de Casey Driessen, Darol Anger, Oriol Saña, Martín Melendez… Tamén participou en numerosas master class con artistas internacionais e peninsulares.

MARTA ROMA

Marta Roma

Licenciada en Pedagoxía do Instrumento (ESMUC 2011) e Diplomada en  Performance a Berklee College of Music (Boston 2014) e Master (Summa  Cum Laude) en Music Contemporary Performance no prestixioso Berklee Global Jazz  Institut (Boston 2016). Prácticas pedagóxicas na fundación  Fedujazz da República Dominicana, traballando tamén na produción do  XX Dominican Republic Jazz Festival (2016). Colaborou con artistas como  Gary Burton, A. R Rahman, Susana Baca, Danilo Perez, Jarabe de Pau, entre outros. Viaxou ao redor do mundo: Filipinas,  México, Colombia, Cuba, Brasil, Xapón, etc, construíndo o seu propio camiño artístico, traspasando fronteiras estilísticas e culturais co seu instrumento. Actualmente segue desenvolvendo a súa carreira pedagóxica e artística en Barcelona onde acaba de sacar o seu primeiro álbum en solitario “Per  Sempre”.