ENCORDASS 2026

UN CURSO, UN FESTIVAL E UN ENCONTRO DE INSTRUMENTISTAS DE CORDA

Encordass é un encontro musical onde se combinan aulas de instrumento con concertos e obradoiros. Trátase dunha experiencia única construida dende a convivencia e o intercambio cultural, no que cada edición está dedicada á música popular dun país ou rexión.

Destinado principalmente a instrumentistas de corda (violín, viola, chelo, contrabaixo, guitarra, bouzuki, zanfona e acordeón diatónico), existen diferentes modalidades de participación, sendo posible asistir con outros instrumentos ou como acompañante (opción esta última só dispoñible para socios).

As aulas de instrumento establécense por niveis, e son impartidas por mestres do país invitado. O repertorio traballado durante o curso representarase nun concerto final aberto ao público xunto aos músicos participantes ao encontro. Músicos, mestres e as/os participantes que o desexen, actuarán como parte da Encordass Fest Orquestra, nun grande concerto final o último día.

O encontro Encordass celébrase na Illa de San Simón e inclúe aloxamento e pensión completa. A idade mínima para participar no Encordass é de 18 anos. As prazas cubriránse por rigurosa orde de inscrición no momento en que se formalice a reserva.

Proximamente apertura de reservas.

Visita a web do festival

50% dto Entradas Fest especial para instrumentistas de corda

 

A historia recente do violín folk galego non se pode entender sen Escocia. Nun primeiro momento, nos anos 80, co nacemento do folk na nosa terra, os poucos violinistas que se achegaban á música popular miraban cara a Escocia e Irlanda como referentes fundamentais dos que aprender.

Xa entrado o século XXI, o prestixioso violinista escocés Alasdair Fraser interesouse polo violín galego e convidou a Alfonso Franco a participar como profesor nos anos 2011 e 2012 no Sierra Fiddle Camp de California. A raíz destas viaxes xurdiu a idea de crear na Illa de San Simón un evento de características semellantes, que deu lugar ao nacemento do San Simón Fiddle e, posteriormente, ao actual Encordass Fiddle Fest.

Por todo isto, poder contar cun artista como Alasdair Fraser, dunha importancia inconmensurable para o desenvolvemento artístico e cultural do fiddle a nivel mundial, énchenos de enorme orgullo.

Situación e instalacións

Arquipélago de San Simón (Illas de San Simón e San Antón)
Enseada de San Simón
Ría de Vigo
Pontevedra

O aloxamento farase en habitacións compartidas repartidas entre os edificios Stella Maris e Seminarios.

Ademais dos edificios destinados ao aloxamento, a illa dispón de:

  • Casa da Cultura e Deportes do Mar
  • Capela
  • Vivenda do Garda
  • Cociña e comedor
  • Auditorio Multiusos
  • Centro de interpretación e documentación

Outras edicións de Encordass

2024-slider-historico-encordass
2024-slider-historico-encordass
previous arrow
next arrow
2024-slider-historico-encordass
2024-slider-historico-encordass
Encordass_fiddle_fest2023
2022_A3Cartel__Encordass_Fiddle_Fest_Brasil-opt
2021_Encordassfest Italia_cartel_A2_opt
Template Pequeño formato
Encordass2018-musicas-arabes
ENCORDASS-2017-Mexico-galicia-fiddle
Encordass2016-china-galicia-fiddle
ENCORDAS FIDDLE 2015
Arranca o ENCORDASS 2015!
Encordass2015-galicia-fiddle
previous arrow
next arrow