ENCORDASS 2023
Do venres 30 de xuño ao luns 2 de xullo de 2023

Encordass é un encontro musical para adultos, onde se combinan aulas de instrumento con concertos e obradoiros. Trátase dunha experiencia única construida dende a convivencia e o intercambio cultural, no que cada edición está adicada á música popular dun país ou rexión.
Está destinado principalmente a instrumentistas de corda (violín, viola, chelo, contrabaixo, guitarra, zanfona), ainda que existen diferentes modalidades de participación, sendo posible asistir con outros instrumentos ou como acompañante*.
As aulas de instrumento establécense por niveis, e son impartidas por mestres do país invitado. O repertorio traballado durante o curso representarase nun concerto final aberto ao público, que será de participación voluntaria.
Encordass celébrase durante a primeira fin de semana de xullo na Illa de San Simón, e inclúe aloxamento e pensión completa. A idade mínima para participar no Encordass é de 18 anos. As prazas cubriranse por rigurosa orde de inscrición no momento en que a matrícula sexa formalizada.
* Opción dispoñible únicamente para socios de Galicia Fiddle.
Se vostede considerara que os seus dereitos non se respetaron poderá dirixirse á Agencia Española de Protección de Datos, www.agpd.es ou na dirección Jorge Juan, 6, 28001 - Madrid, como Autoridade Independente de Control en materia de protección de datos de carácter persoal.