English Español

Galicia Fiddle

San Simon Fiddle 2017


Que é o San Simón Fiddle?

no barco O SAN SIMÓN FIDDLE (SSFC) é un curso de música especialmente destinado a nenos e nenas, onde se combinan actividades musicais con outras de lecer e tempo libre. O curso está destinado a aqueles alumnos que teñan como mínimo un ano de coñecemento do instrumento. Non obstante, coa intención de ofrecer a posibilidade de ter un primeiro achegamento ao violín tradicional, o SSFC abrirá un grupo destinado a principiantes no que non será imprescindible ter coñecemento algún do instrumento. Este grupo esta destinado unicamente a socios de Galicia Fiddle e á asociación emprestará o instrumento si fora necesario.

Estableceranse catro grupos no campamento, nivel Iniciación, elemental, medio e avanzado

A edade de participación no SSF estará comprendida entre os 7 e os 18 anos. As prazas cubriranse por rigurosa orde de inscrición no momento en que a matrícula sexa formalizada.

aula A actividade musical está orientada principalmente a potenciar o emprego dos instrumentos de corda dentro da música tradicional, co fin de que poidan descubrir outra maneira de relacionarse co seu instrumento que lles permitirá gozar facendo música independentemente de cal sexa o seu nivel técnico.

Explotar ao máximo a capacidade de improvisación dos participantes é un dos obxectivos principais que perseguimos con este fiddle camp, e que lles mostrará un novo e fantástico mundo musical descoñecido para eles ata o momento.

No noso curso de verán a música é transmitida oralmente, prescindindo de partituras e agudizando a capacidade de retentiva musical dos rapaces, quen tras uns días na illa serán quen de aprender unha melodía en poucos minutos.

As actividades de tempo libre (coordinadas por monitores especializados) compleméntanse coas musicais, sendo a aprendizaxe máis entretida e amena. Desta maneira o campamento non pretende ser exclusivamente un curso de música senón xuntar obxectivos fundamentais: a formación musical e humana dos seus integrantes.



Nada mellor que ver como foi o ano pasado para saber que é San Simón Fiddle ...



SAN SIMON FIDDLE 2016 - DÍA A DÍA

Domingo 3
Luns 4
Martes 5
Mércores 6
Xoves 7
Venres 8
Sábado 9
Domingo 10