- Cales son as datas do SSFC2023?
As datas do San Simón Fiddle 2023 serán do domingo 3 ao domingo 9 de xullo de 2023.
- Como sei que admitiron ao meu fillo/a no curso?
De momento, mentres teñamos prazas libres en todos os niveis, quedan admitidos tras encher a folla de inscrición e
facer o ingreso na conta bancaria da Asociación Galicia Fiddle, ben da reserva (150 €), ben da totalidade da matrícula.
- Vou recibir algún xustificante ou comunicación da admisión?
Ao facer a folla de inscrición recibirán un correo que lles indicará que a petición foi tramitada con éxito e,
en canto recibamos o ingreso da reserva (ou o da totalidade da matrícula), poñerémonos en contacto con vostede por correo
electrónico para comunicarlle a admisión e enviarlle información de todo o que atinxe a este curso.
- Como sei se aínda quedan prazas?
Comunicaremos na web www.galiciafiddle.com o peche de prazas nos distintos niveis segundo vaiamos facendo admisións.
- Hai data límite para formalizar a matrícula?
Si, a matrícula debe formalizarse antes do 1 de Xuño realizando o ingreso da cantidade pendente tras facer a reserva. Pódense ir facendo ingresos
parciais ao ritmo que cada un queira, pero o 1 de Xuño debe estar ingresado o importe total da matrícula.
- Como se farán os grupos?
Para a organización da convivencia faranse grupos por idades, para as clases os grupos faranse en función da capacidade de
aprendizaxe auditiva, independentemente do nivel de estudos.
- Cantos nenos haberá en cada grupo de convivencia?
E cantos adultos ao cargo do grupo? Haberá un coidador fixo por cada grupo de 10 nenos maiores de 12 anos e outro de apoio.
E dous coidadores fixos para os grupos de menores de 12 anos.
- Sobre o aloxamento:
Os neno/ás estarán repartidos, por idades, en tres edificios distintos, en cuartos compartidos, primando aos
máis pequenos que teñan medo a durmir sós. En cada edificio durmirá con eles un grupo de coidadores
(profesores, monitores e outro persoal colaborador).
- Sobre os profesores e coidadores:
Todos están capacitados para desenvolver este curso e as actividades que o acompañan.
O persoal que vai facerse cargo de nenos e mozos está formado polo profesorado das diversas materias a impartir,
tanto musicais, coma doutros talleres, monitores, enfermeira e socorrista.
- Instrumentos:
Cada neno debe de traer o seu, menos os matriculados como principiantes, xa que dispoñemos de ao redor de 20 instrumentos
entre violíns e cellos para eles.
- Obxectos persoais:
Enviarémoslles toda a información sobre a roupa, os produtos para a hixiene, móbiles, diñeiro e outros obxectos por
correo electrónico cando formalicen a reserva.