English Español

Galicia Fiddle

Condicións Económicas San Simón Fiddle 2017

  • Tarifa xeral: 625 €
  • Desconto por irmáns: 10% sobre o prezo do primeiro irmán e sucesivos
Os socios de GF que no momento de facer a inscrición teñan un mínimo de 6 meses de antigüidade e que fagan a inscrición antes do 31 de marzo, poderán beneficiarse da seguinte OFERTA DE INSCRICIÓN TEMPRANA PARA SOCIOS:
  • Tarifa socio: 475 €
  • Desconto por 1º irmán 25%
  • Desconto por 2º irmán 50%
A nosa intención segue a ser que o SSF sexa accesible a un maior número de familias podendo así desenvolver este fermoso proxecto. Consideramos que ninguén debería quedar fora do curso por motivos económicos, pero temos que ser quenes de asumir os custos do curso. Por isto, pregamos que quen teña especial interés en asistir ao curso, e neste momento teña dificultades económicas para facer fronte ao custo do mismo, se poña en contacto con nos mediante o correo electrónico: info@galiciafiddle.com.

As axudas serán de distinto tipo:

  1. Axudas ao desprazamento (destinadas a diminuir os custos de desplazamento aos rapaces que residan fora de Galicia)
  2. Axudas económicas a fondo perdido para cubrir unha parte do total da matrícula.
  3. Financiación da matrícula do SSF mediante pagos aprazados ao longo do ano sen interés.
  4. Intercambio de todo tipo de traballos que podan ser de utilidade á asociación.

Despois de examinar as solicitudes, distribuiremos os recursos de que dispoñamos segundo as necesidades que consideremos máis xustas.
Estamos á procura de axuda económica para as becas por parte de empresas particulares e administración.