English Español

Galicia Fiddle

Profesorado

ALFONSO FRANCO

Alfonso Franco

Mestre de violín da e-Trad. Con máis de 17 anos de experiencia no ensino especializado do violín folk. Ten impartido workshops e talleres de violín galego en Canadá, Escocia, Bretaña, Barcelona etc... Por segundo ano consecutivo foi requerido por Alasdair Fraser para impartir clases de violín no seu prestixioso “SIERRA FIDDLE CAMP”, en California. É posuidor do grado Profesional de Violín e o Curso de Posgrao da USC en música tradicional. Posúe unha grande experiencia en organización de eventos, cursos, workshops, etc.. Asíduo colaborador do North Atlantic Fiddle Covention onde presentou varias ponencias sobre o violín tradicional galego. É patrono da fundación Sondeseu e responsable da sección de violín da súa Orquestra.

ANXO PINTOS

Anxo Pintos

Músico multiistrumentista e compositor. Intérprete de gaita, zanfona, violín, saxo soprano e frauta de pico. Na actualidade compatibiliza o seu labor de mestre de zanfona da e-Trad (Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo), co de coordinador da sección de zanfonas da Orquestra Folk de Galicia "SondeSeu" e a actividade escénica en Berrogüetto, o trío Lizgairo e SondeSeu.

BEGOÑA RIOBÓ

Bego Riobo

Licenciada en Historia da Arte, formou parte da banda de “Carlos Núñez” Foi membro fundador do grupo “Irtio” . Profesora do Conservatorio de Música de Vigo. Forma parte da sección de violíns da Orquesta Folk "SONDESEU". Colaboradora habitual nos directos do trío “Lizgairo” e de “Anxo Lorenzo” e “Susana Seivane”. Lidera a súa propia formación: Riobó. Imparte cursos volcados no ensino do violín tradicional como o curso do Festcat en Girona, e o "Crisol de Cuerda" (A. Fraser FC). É mestre de Arpa Céltica na E-TRAD.

ALFONSO MERINO

Alfonso Merino

É un dos máis destacados violinistas folk de España. Tocou con Carlos Nuñez, X.M Budiño, Sondeseu, Roi Casal, Cómplices, etc. Realizou numerosos workshops en Valencia, Ferrol, St Johnns, Aberdeen, etc. Ten unha grande experiencia en concertos didácticos e participou en numerosos proxectos destinados a potenciar o estudo do violín entre os máis novos. Ten musicalizado numerosas películas de cinema dos anos 20 como parte do Ensemble Ancestral, tanto como técnico de son como intérprete de directo e de estudo. Experimentado realizador de vídeo e controlador de equipos multimedia.

XOSÉ LIZ

Xosé Liz

Prestixioso músico de corda e requinta. Máis de dez anos de experiencia no ensino de música tradicional na e-Trad. É patrón da Fundación Sondeseu e responsable de corda e Requinta da Orquestra. Realizou workshops en numerosos países e o seu currículo de gravacións e participación en directos de artistas de música folk é dos máis importantes do país. Impartiu clases no Sierra Fiddle Camp e no “Crisol de Corda”, ambos os dirixidos por Alasdair Fraser.

JOSÉ PUGA

José Puga

Titulado en violoncelo polo Conservatorio Superior de Música da Coruña. Mestre de cello no Conservatorio Profesional de Música de Cangas. Posúe ampla experiencia en campamentos de fiddle, tendo participado en repetidas ocasións non Isle of Sky Fiddle camp en Escocia con Natalie Hass. Asiduo alumno do Crisol de Corda onde na pasada edición participou como mestre asistente de cello. Ten participado en obradoiros de corda alternativa con Jany Lang, Nic Gareiss, Bruce mcgregor, Diego Galaz, Oriol Saña, Laura Cortese, etc

LILIANA CARRO

Liliana Carro

Licenciada en filoloxía galega. Posue o título profesional de Mestre de Piano. Técnico en senderismo con ampla expiencia en campamentos de verán. Profesora de lingua e literatura galega no ensino público en secundaria e bacharelato e en Escolas Oficiais de Idiomas dende o ano 2006. Monitora de campamentos para rapaces dos 8 aos 18 anos dende o ano 1996 ata o 2006. Foi bailadora de O Fiadeiro de Vigo,e do grupo Albendeira. Actualmente é zanfonista na orquestra Sondeseu e profesora de baile galego

FELIPE RODICIO

Felipe Rodicio

Licenciado en Administración e Dirección de Empresas. Posuidor do grao profesional de violín no Conservatorio Mayeusis de Vigo. Combina o seu traballo no sector financieiro cos estudos de Violín Folk na E-Trad co Mestre Alfonso Franco. Desenvolveu diversos proxectos musicais no ambito da música folk e outros estilos tendo grabado varios traballos. Partipou en númerosas master class de artistas internacionais como Laura Cortese, Scott Harley, Oriol Saña, Bruce MacGregor… Actualmente forma parte da orquestra SondeSeu e do grupo Ghaveta.

TERESA SANTAMARÍA

Tere Santamaria

Mestra de Educación Primaria, traballa profesionalmente coa súa voz dende o ano 1985, cando se incorpora como actriz de dobraxe nas primeiras películas e series da TVG, profesión que sigue exercendo na actualidade. Dende hai algo máis de dez anos, forma parte do grupo de canto da Orquestra Folk SonDeSeu de Vigo e do grupo Tanxedoras, no que, ademais de cantar, toca instrumentos variados coma pandeireta, pandeira, culleres, tamboril, tarrañolas, pandeiro...