Sementeira 2018

Galicia Fiddle estrea primavera cunha nova actividade moi fermosa e moi querida por todos nós. Desenvolveremos un proxecto no que os máis cativos terán o seu primeiro contacto co fiddle, ó remate do cal participarán nun pequeno concerto xunto á Orquesta GALICIA FIDDLE.

Para desenvolver esta actividade contaremos cun grupo de nenos e nenas, con idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos, con ganas de adentrarse no mundo do violín, interpretando ritmos e acompañamentos sinxelos, nun conxunto formado polos seus irmáns, mestres e familiares nunha sorte de orquesta de corda moi familiar.

A actividade terá lugar durante mes de Maio e para ela imos necesitar o apoio por parte dos seus familiares quen, se o desexan, poderán participar ao mesmo tempo que os cativos no proxecto.

Galicia Fiddle porá a dispor dos nenos e familiares, violíns axeitados ao seu tamaño.

Esta actividade desenvolverémola en catro encontros:



Mércores 9 de maio, ás 18,00h
VIGO, LOCAL DA ASOCIACIÓN GALICIA FIDDLE (rua Teófilo Llorente 16, Vigo)
Duración: 1hora
Primeira reunión cos familiares e os cativos.
  • - Explicaremos detalladamente a actividade e repartiremos o material de axuda para comezar a xogar na casa cos nenos.
  • - Tamén lles proporcionaremos os áudios para que se vaian familiarizando coas melodías.
  • - Faremos entrega dun violín axeitado ao tamaño do rapaz (en réxime de préstamo) para que poidan empezar a practicar co instrumento.
  • - Dispoñemos dalgúns instrumentos para os familiares que desexen incorporarse á actividade activamente.

Sábado 12 de maio ás 10,00h (Cativos) e 12,00h (Adultos)
VIGO, GALICIA FIDDLE (rua Teófilo Llorente 16, Vigo)
  • - Os nenos e nenas acompañarán diversas melodías segundo as indicacións que os mestres lles irán dando.
  • - O traballo a desenvolver é moi sinxelo: pizzicatos, golpes de arco básicos, notas pedal, acompañamentos rítmicos, cantar, gritar, bailar, etc.

Sábado 19 de maio ás 10,00h (Cativos) e 12,00h (Adultos)
VIGO, GALICIA FIDDLE (rua Teófilo Llorente 16, Vigo)

Domingo 27 de maio ás 11:00
AUDITORIO Maceiriña
Como acto final, faremos un ensaio (11:00h) os dous grupos xuntos previo ao concerto (12:30h) que ofreceremos para amigos e familiares xunto coa orquestra Galicia Fiddle. A asistencia a este acto é imprescindible para todos os participantes da SEMENTEIRA.


Todos aqueles que teñades fillos de entre 5 e 12 anos e estedes interesados en que participen nesta actividade deberedes realizar a inscripción on-line

Aínda que esta actividade non é exclusivamente para socios de Galicia Fiddle, as prazas serán cubertas en orde de inscrición empezando polos socios e por aqueles que se incorporen como novos socios. As prazas restantes, cubrirémolas cos inscritos non asociados que abonarán a cantidade de 10€

Tralo concerto do día 27, os socios que o desexen poderán continuar practicando cos violíns ate o encontro do San Simón Fiddle, e durante o resto do verán. Aqueles que queirades disfrutar desta e dos outros beneficios aos que teredes acceso por ser socios de Galicia Fiddle, podédevos inscribir aquí.

Para os socios a actividade é totalmente de balde e a asociación cubrirá todos os gastos que poideran desprenderse da súa realización. Para os NON socios, o prezo da actividade é de 10€, e 5€ adicionáis por cada membro da mesma unidade familiar que non sexa socio.

Este proxecto terá continuidade nunha xornada especial Día da SEMENTEIRA que adicaremos aos máis pequenos no San Simón Fiddle do presente ano 2018.



[ para acceder ao material premer aquí ]