Alta Socios Galicia Fiddle
GALICIA FIDDLE A.C. naceu coa pretensión de crear un espazo que recuperara e impulsara o uso dos instrumentos de corda na música popular en Galicia, e que complementando ao tradicional ensino da música culta, aportara unha nova perspectiva. Na nosa asociación entendemos que existe outra vía de aprendizaxe, baseada na tradición oral e cunhas metas máis accesibles, que permiten gozar dos instrumentos de corda dende os primeiros pasos e que farán que a relación co instrumento sexa para toda a vida, por pouco tempo que se teña para adicarlle ao seu estudo.Tras varios anos de ir consolidando a idea, cunha intensa traxectoria colmada de cursos, concertos e actividades desenvoltas grazas ao entusiamo dun puñado de amantes do fiddle, chega o momento de darlle á asociación cultural GALICIA FIDDLE unha nova dimensión que lle permita seguir avanzando máis aló, con novos e ambiciosos proxectos de carácter nacional e internacional.
As cotas de socio, que dende agora establecemos, asegurarán á asociación GF unha estabilidade económica que permitirá manter o alto nivel de actividades desenvoltas ata o momento, e ser quen de afrontar o custo dos servizos dos profesionais que os fagan posible: xestoría, promotores de concertos, diseñadores gráficos, fotógrafos, cámaras e videocreadores, publicistas, etc.
As distintas modalidades de asociados nacen coa intención de procurar o máximo número de membros posible, de tal xeito que, por unha banda, o prezo das cotas non sexa un impedimento para aqueles que non as poidan asumir neste momento, e por outra, facilitar o asociacionismo dos núcleos familiares, eixe fundamental no que se asenta Galicia Fiddle.
Os descontos e beneficios que os socios acadan coa súa inscrición, foron deseñados de tal xeito que participando en varias das actividades programadas ao longo do ano, a suma destes equivalan practicamente ao custo da cota anual.
O equipo directivo quere animar a que todo aquel que queira colaborar, tanto a nivel profesional, como mediante descontos para os asociados nun determinado negocio, nolo faga saber. Deste xeito aumentaremos pouco a pouco as vantaxes de pertencer a GF e faremos máis forte a comunidade.
Modalidades de Socio
- INDIVIDUAL: con carácter nominal e para unha soa persoa. Os menores de 18 anos que desexen adherirse a esta modalidade deberán presentar autorización dos seus pais/titores.
- FAMILIAR: modalidade compartida por pais e fillos non emancipados, sen límite de membros. Cada integrante da unidade familiar será socio nominal dentro da modalidade familiar.
- SIMPATIZANTE: adquiren esta condición os socios non músicos, ou músicos doutras especialidades quen se beneficiarían de todos os descontos e beneficios dos asociados individuais, agás os descontos nas actividades docentes.
- PARADOS: socios individuais con condición de desempregados. Este tipo de modalidade terá vixencia unicamente mentres dure a situación de desemprego. A modalidade familiar estaría incluída dentro deste tipo.
- MAIORES: socios de máis de 65 anos ou pensionistas de cualquera idade.
- MECENAS/BENEFACTOR: donacións altruístas, sen contía económica fixa, co gallo de apoiar unha determinada actividade.
Vantaxes de ser Socio de Galicia Fiddle:
- Entre un 20% e un 25% de desconto nas actividades e cursos de GF
- Reserva preferente de praza nas actividades de GF
- Desconto dun 15% no taller do Luthier José Catoira
- Asesoramento na merca de instrumentos
- Descontos en clases particulares de instrumento
- Acceso ao préstamo de instrumentos
Vantaxes no San Simón Fiddle:
- Prezo super-reducido
- Desconto dun 30% ao 1º irmán e dun 50% ao 2º irmán
- Reserva de praza preferente
- Opción á financiación anual sen xuros
- Única posibilidade de acceder ao grupo de iniciación
- Posibilidade de participar 1 día como convidados (familia)
- Máis invitacións para o concerto final
- Acceso ao programa de intercambios Galicia Fiddle
- Bolsas para acceder a outros Fiddle Camp
De conformidade co establecido na Lei Orgánica 15/1999 de 13 de dicembro de Protección de Datos de Carácter Personal
(“LOPD”) informámolo de que os seus dados de carácter persoal ficarán incorporados nun ficheiro inscrito no Rexistro Xeral da
Axencia Española de Protección de Datos cuxo responsable e titular é ASOCIACION CULTURAL GALICIA FIDDLE, e
cuxa finalidade é a xestión de socios e simpatizantes de Galicia Fiddle.
Os Dados serán tratados co grado de protección axeitado, segundo o Real Decreto 994/1999 de 11 de xuño, tomándose as
medidas de seguridade necesarias para evitar a sua alteración, pérdida, tratamento ou acceso non autorizado por parte de terceiros que os
poidan utilizar para fins distintos para os que foron solicitados ao Usuario. Poderá exercitar os seus dereitos de oposición, acceso,
rectificación e cancelación, en cumprimiento co establecido na LOPD, por medio de correo electrónico ao enderezo
info@galiciafiddle.com.