ACanteira
ACanteira
Galicia Fiddle


Acanteira é froito dunha década de traballo teimudo a prol da música popular por parte de todas as que formamos Galicia Fiddle. Con este disco celebramos a madurez dunha asociación que formou unha nova xeración de instrumentistas de música popular, pero tamén, e máis importante, de mestres, que asegurarán a continuidade dunha canteira de rapazas e rapaces que xa contan os días que faltan para seren os protagonistas do vindeiro disco.

Ademáis dun disco e un coidado libro de partituras, Acanteira é unha novedosa ferramenta didáctica, que permitirá a aqueles que o desexen, grazas aos códigos QR impresos nas súas páxinas, seguir a partitura interactiva de cada peza.

20 €/unidade

* A compra farase efectiva tras o ingreso do importe na conta ES09 2080 5000 6030 4033 5547 da Asociación Cultural Galicia Fiddle da entidade ABanca, 
indicando Acanteira e o teu nome e apelidos no concepto.

* O envío será realizado no seguinte día hábil despois de recibir o xustificante da transferencia de compra do disco no correo info@galiciafiddle.com.